jueves, 30 de noviembre de 2023

Regalo da Asesoría de Bibliotecas Escolares



Dende a Biblioteca A Rumorosa queremos facerlle chegar o noso agradecemento á asesora de Bibliotecas Escolares por acompañarnos o día da inauguración e tamén polo detalle que tivo con nós ao agasallarnos con estes tres libros.

Pouco a pouco imos enchendo os nosos andeis!



Mochilas Viaxeiras


Dende a biblio poñemos en marcha as MOCHILAS VIAXEIRAS! Cada clase dispoñerá dunha mochila chea de libros que irá percorrendo cada unha das casas do alumnado. Estas mochilas serán entregadas os mércores e deberán devolverse o martes seguinte. Ademais dos 4 libros, dentro da mochila tamén hai un caderno no que poderedes escribir o libro que mais vos gustou, debuxar algo sobre un dos libros, pegar unha foto dunha receita que levarades a cabo, deixar algunha proposta ou recomendación...

Dende o equipo de biblio esperamos que desfrutedes moito delas!

 



lunes, 30 de octubre de 2023

Agasallo da Fundación Eduardo Pondal



Hoxe recibimos un agasallo da Fundación Eduardo Pondal: unha reedición do libro "Gundar e o cabalo de oito patas" de Xelucho Abella Chouciño, antigo profesor de filosofía do IES de Ponteceso. 

Esta obra de literatura xuvenil foi editada por primeira vez no 1991. Está ambientada na Idade Media e na xeografía malpicá (lugar de nacemento do seu autor).

Se queredes mais información podedes consultar o artigo que se atopa a continuación.


Pica neste enlace para ver a noticia completa

viernes, 20 de octubre de 2023

sábado, 30 de septiembre de 2023

Primeiros días da nosa nova biblioteca

Estes días estamos descubrindo todos os libros e todos os novos recursos que temos dispoñibles na nosa nova biblioteca. Bótalle un ollo ás imaxes e ao vídeo! Estamos pasando uns momentos do máis divertido!