A NOSA MASCOTA


CONCURSO PARA ESCOLLER MASCOTA

Convócase un concurso de debuxo entre todo o alumnado do centro para escoller unha mascota para a biblioteca. A continuación deixámosvos as ideas aportadas polo alumnado.


Pica neste enlace para ver os debuxos do concurso



MASCOTA GAÑADORA: NUBA

Aquí vos presentamos a proposta gañadora: un debuxo realizado por Naiara de 4 anos. PARABÉNS! 

Unha vez escollido o debuxo gañador, puxémonos en contacto con Rakele Cavallo para que nos realizase un mural na parede da Biblioteca e ter, así, sempre presente a NUBA, a nosa nova mascota. Que vos parece? A nós encántanos!