jueves, 30 de noviembre de 2023

Regalo da Asesoría de Bibliotecas Escolares



Dende a Biblioteca A Rumorosa queremos facerlle chegar o noso agradecemento á asesora de Bibliotecas Escolares por acompañarnos o día da inauguración e tamén polo detalle que tivo con nós ao agasallarnos con estes tres libros.

Pouco a pouco imos enchendo os nosos andeis!



Mochilas Viaxeiras


Dende a biblio poñemos en marcha as MOCHILAS VIAXEIRAS! Cada clase dispoñerá dunha mochila chea de libros que irá percorrendo cada unha das casas do alumnado. Estas mochilas serán entregadas os mércores e deberán devolverse o martes seguinte. Ademais dos 4 libros, dentro da mochila tamén hai un caderno no que poderedes escribir o libro que mais vos gustou, debuxar algo sobre un dos libros, pegar unha foto dunha receita que levarades a cabo, deixar algunha proposta ou recomendación...

Dende o equipo de biblio esperamos que desfrutedes moito delas!