miércoles, 30 de abril de 2025

Contacontos polo Día do Libro


Aquí tendes as imaxes dos contacontos levados a cabo polo alumnado de 5 anos, 1°, 2°, 3° e 4° de Educación Primaria.








Estanterías renovadas!


Co comezo deste último trimestre renovamos as estanterías móbiles que se colocan en cada un dos corredores. O alumnado pode desfrutar destes libros durante a media hora de lectura diaria.



Chegou... A TERCEIRA MALETA VIAXEIRA!

 

Para este terceiro trimestre, contamos coa mochila viaxeira de BIBLIOTECA INCLUSIVA. Ao igual que as dúas mochilas anteriores, teremos estos libros na biblioteca durante 28 días.




23 de abril - DÍA DO LIBRO


Para conmemorar o Día do Libro, hoxe realizamos, o xa tradicional, apadriñamento lector. Nesta ocasión, o alumnado de 3°, 4° e 5° de Educación Primaria, foi o encargado de realizar as lecturas escollidas ao alumnado máis pequeno do centro.

Botádelle unha ollada ás fotografías!

Ademais, para seguir celebrando este día tan importante, a partires de mañá e ata o próximo  día 5 de maio, teremos contacontos durante os recreos. Nesta ocasión, serán os máis pequenos do centro os encargados de levalos a cabo. 

Atentos/as ás próximas publicacións!

















Novo espazo na biblioteca!


Hoxe estreamos novo espazo na nosa biblioteca. Nel poderás atopar 4 auriculares nos que escoitar música!

Gracias á colaboración de Sarai, a profe de música, que foi a encargada de seleccionar ás cancións, contamos con dous auriculares con música infantil e dous auriculares con música de actualidade.

Pásate pola biblio e visita o novo espazo! Nel poderás relaxarte escoitando música ou aproveitar os novos sillóns para ler.

 


Formación do profesorado


O profesorado do centro está levando a cabo unha serie de formacións enmarcadas dentro do Plan de Formación Permanente do Profesorado.

Gracias a estas formacións de Polos Creativos, estamos elaborando material para a biblioteca. Que vos parecen estas novas marionetas?

 

  




Nova incorporación á biblioteca - MESA LEGO


Hoxe inaugurouse a Mesa Lego na biblioteca e foi todo un éxito!






Exposición temporal - "A VIAXE CON-SENTIDO"


A outra exposición temporal solicitada polo Equipo de Convivencia á Asociación Visibles é unha pequena biblioteca itinerante titulada "A viaxe con-sentido": unha colección de 50 libros e contos que abordan diversas temáticas relacionadas coa educación afectivo-sexual.



Exposición temporal - SEN ELAS NON HAY....OLERÍA!



O Equipo de Convivencia do centro solicitou varios empréstitos á Asociación Visibles. Un deles é unha exposición foto-biográfica titulada "Sen elas non hai... olería" e que estará dispoñíbel na nosa biblioteca ata o 4 de abril.

Esta pequena exposición está relacionada coa conmemoración do 8M e  dá a coñecer a seis oleiras de Buño, moi importantes pola labor levada a cabo na olería.