viernes, 27 de marzo de 2026
jueves, 26 de marzo de 2026
CONCERTO PACO NOGUEIRAS
Para pechar a 2ª AVALIACIÓN e darlle os últimos toques ao Proxecto do Centro deste curso: "OS ANIMAIS", tivemos a Paco Nogueiras en concerto co seu espectáculo SON ANIMAL. Ademais, Paco firmounos o exemplar do seu libro disco que temos na biblioteca.
Aquí vos deixamos fotos e vídeos que mostran o ben que o pasamos.
DÍA DA MULLER E SEMANA DA PRENSA 2026
O Equipo de Convivencia e o Equipo de Biblioteca xuntáronse para conmemorar dúas datas importantes. A idea final foi crear unha revista coa colaboración de todas as titorías chamada Pondal Geographic. Esta revista continúa co Proxecto de Centro: "OS ANIMAIS". Nesta ocasión o alumnado tivo que investigar diferentes mulleres importantes na historia pola súa labor na protección e conservación de diversos animais.
A revista en papel está á disposición de quen desexe lela no estante de PRODUCIÓNS PROPIAS que temos na nosa biblioteca.
Dálle ao PLAY e desfruta do traballo realizado entre todos e todas.
jueves, 12 de marzo de 2026
martes, 10 de marzo de 2026
O PRIMEIRO BOOKTUBER
Chega o primeiro Booktuber da man dos nenos e nenas de 3 anos.
Bótalle un ollo e descubre todos os contos que viron sobre o mar!
E ti, anímaste a ser un booktuber?
Escolle un libro que leras e che guste, fai un vídeo recomendando ese libro (recorda non facer spoilers) e colgarémolo aquí, no blog da biblioteca.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)











