viernes, 20 de diciembre de 2024

3 de decembro - Día Internacional das Persoas con Discapacidade

 

Durante esta semana invitamos a todo o alumnado a visitar a biblioteca durante os recreos para desfrutar dunha pequena sesión de cine onde coñeceremos varias curtametraxes:

Pica en cada enlace para ver a curtametraxe!





sábado, 30 de noviembre de 2024

25 N

 

Xa temos dispoñible na biblioteca unha selección de libros relacionados co 25N, Día Internacional contra a violencia de xénero.



As tradicións galegas

 

Este curso o tema do centro xira arredor das tradicións galegas. Seguindo con esta temática, dende a biblioteca, vaise realizar unha decoración permanente que se prolongará ao longo de todo o curso. Para isto, imos dedicar a decoración de cada ventá a cada unha das tradicións galegas máis relevantes.

Durante este primeiro trimestre xa decoramos as ventás do Samaín, do Magosto e do Nadal. Que che parecen?

 

 


Novidades do mes de novembro


 

miércoles, 30 de octubre de 2024

Lecturas e Contacontos polo Samaín


Xa temos nos corredores unha selección de libros relacionados co Samaín para poder desfrutar durante a media hora de lectura.

  

Ademais, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega organizou, en colaboración co alumnado de 6ºEP, uns contacontos de Samaín.  Ao longo desta semana, todas as aulas foron pasando, durante a hora de lectura, pola nosa biblioteca.







lunes, 30 de septiembre de 2024

Buzón de suxerencias

 

Dende a Biblioteca A Rumorosa buscamos novas suxerencias! Poñemos a vosa disposición un buzón para que nos rescomendes novos libros (ou novas temáticas) que che gustaría ter na nosa biblioteca. 

Seguro que xa tes algún pensado! Cubre o papel e entrégao no buzón que atoparás na bilio.




Sección de Prensa

 

Na Biblioteca A Rumorosa tamén contamos cunha sección de prensa con xornais e revistas infantís. Ademais, a partires deste curso, tamén contaremos con exemplares diarios de La Voz de Galicia por participar no programa Prensa Escola.



XA ESTAMOS DE VOLTA! Reapertura da Biblioteca curso 2024-2025


Xa estamos de volta!

Hoxe, 1 de outubro, arrancamos de novo coa Biblioteca A Rumorosa. E non podía ser de mellor forma que con un novo look: un mural de Leandro Lamas que viste toda a parede da nosa biblioteca. Recórdavos a algo? Bótalle un ollo á imaxe.

Ademais de abrir as portas da biblio para desfrutar dela nos recreos e despois do comedor, poder consultar e levar libros..., tamén comezamos coas mochilas viaxeiras!



 


domingo, 30 de junio de 2024

CURSO 2023 - 2024

Recomendacións lectoras para o verán

 

Tanto o Equipo de Biblioteca como o Equipo de Dinamización da Lingua Galega non nos queriamos despedir sen antes deixarvos unhas recomendacións lectoras para o verán.

Botádelle unha ollada!




Clausura da Biblioteca


Co remate do curso pechamos a nosa biblioteca ata setembro. Para iso, realizamos un acto de clausura onde agasallamos ás aulas máis lectoras e ao alumnado máis lector. 

Dende o Equipo de Biblioteca queremos agradecer a todo o alumnado e profesorado a gran acollida que tivo a nova Biblioteca A Rumorosa. 

Bo verán! Vémonos á volta!






martes, 30 de abril de 2024

23 de abril - Día do Libro

 


Para conmemorar o Día do Libro levamos a cabo unha actividade lectora ao aire libre onde, cada neno/a de Educación Infantil e primeiro ciclo de primaria, tiña un padriño ou madriña lectora.

Botádelle un ollo ás imaxes!


 







Semana do Libro



Para conmemorar a Semana do Libro (do 22 ao 26 de abril) organizáronse uns contacontos que se levarán a cabo durante os recreos desta semana.

Dende a Biblioteca A Rumorosa queremos agradecer a participación das familias colaboradoras.










sábado, 30 de marzo de 2024

Formación de usuarios

 


Todo listo!

Ao longo destos días, todo o alumnado pasará pola biblioteca A Rumorosa para converterse en investigadores e investigadoras a través dun xogo de pistas que lles axudará a coñecer un pouco máis o seu funcionamento.

Comezamos coa formación de usuarios!







Semana da Prensa



Aquí temos o xornal creado por todas as aulas do centro: Se non o leo, non o creo!

Pola semana da prensa cada aula elaborou unha páxina deste xornal tan curioso e divertido.

Botádelle unha ollada! Pincha no enlace inferior e pasa as páxinas.


Pica neste enlace para ver o xornal