Xa temos nos corredores unha selección de libros relacionados co Samaín para poder desfrutar durante a media hora de lectura.
Ademais, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega organizou, en colaboración co alumnado de 6ºEP, uns contacontos de Samaín. Ao longo desta semana, todas as aulas foron pasando, durante a hora de lectura, pola nosa biblioteca.