miércoles, 24 de diciembre de 2025
OBRA DE TEATRO "NADAL EN PRÁCTICAS"
jueves, 18 de diciembre de 2025
PROXECCIÓN PELÍCULA "VALENTINA"
Este xoves tivemos sesión de cine na biblioteca. O Equipo de Dinamización da Lingua Galega seleccionou unha marabillosa película chamada VALENTINA. Esta película é en galego e producida en Galicia, e proxectámola co obxectivo de poñer en valor o noso audiovisual. A súa protagonista ensinounos como afrontar a perda dun familiar, ademais de ensinarnos a aceptarnos a nós mesmos e a loitar polos nosos soños.

miércoles, 17 de diciembre de 2025
Contacontos en inglés
miércoles, 3 de diciembre de 2025
Día Internacional das Persoas con Discapacidade
lunes, 1 de diciembre de 2025
Teatro polo 25 N
Hoxe tivemos unha obra de teatro relacionada co 25 N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
A través da historia de Jaime, o protagonista da obra, vimos que é importante que, tanto homes como mulleres, reciban o mesmo trato e respecto e que non existen deportes de nenos e deportes de nenas, nin cores de nenos e cores de nenas, nin xoguetes de nenos e xoguetes de nenas... e que se eres unha nena podes xogar ao fútbol e se eres un neno pódeche gustar a patinaxe.
Visita de Anxo Moure
O pasado venres, día 28 de novembro, tivemos a visita de Anxo Moure na Biblioteca a Rumorosa. A raíz dos incencios sufridos este ano nos nosos montes, o Equipo de Convivencia do centro organizou esta actividade para abordar a importancia do coidado da natureza.
Botádelle unha ollada ás fotografías!
Bibliotecas Escolaeres + Deseño = Viaxe á Creatividade
Como vos adiantábamos na entrada anterior, baixo o tema "Bibliotecas Escolaeres + Deseño = Viaxe á Creatividade", o alumnado de Educación Infantil foi o encargado de realizar o cartel para a sección do mes de novembro.
Velaquí as imaxes do obradoiro.





























