Este xoves tivemos sesión de cine na biblioteca. O Equipo de Dinamización da Lingua Galega seleccionou unha marabillosa película chamada VALENTINA. Esta película é en galego e producida en Galicia, e proxectámola co obxectivo de poñer en valor o noso audiovisual. A súa protagonista ensinounos como afrontar a perda dun familiar, ademais de ensinarnos a aceptarnos a nós mesmos e a loitar polos nosos soños.


