Hoxe tivemos unha obra de teatro relacionada co 25 N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
A través da historia de Jaime, o protagonista da obra, vimos que é importante que, tanto homes como mulleres, reciban o mesmo trato e respecto e que non existen deportes de nenos e deportes de nenas, nin cores de nenos e cores de nenas, nin xoguetes de nenos e xoguetes de nenas... e que se eres unha nena podes xogar ao fútbol e se eres un neno pódeche gustar a patinaxe.


