miércoles, 24 de diciembre de 2025
OBRA DE TEATRO "NADAL EN PRÁCTICAS"
jueves, 18 de diciembre de 2025
PROXECCIÓN PELÍCULA "VALENTINA"
Este xoves tivemos sesión de cine na biblioteca. O Equipo de Dinamización da Lingua Galega seleccionou unha marabillosa película chamada VALENTINA. Esta película é en galego e producida en Galicia, e proxectámola co obxectivo de poñer en valor o noso audiovisual. A súa protagonista ensinounos como afrontar a perda dun familiar, ademais de ensinarnos a aceptarnos a nós mesmos e a loitar polos nosos soños.

miércoles, 17 de diciembre de 2025
Contacontos en inglés
miércoles, 3 de diciembre de 2025
Día Internacional das Persoas con Discapacidade
lunes, 1 de diciembre de 2025
Teatro polo 25 N
Hoxe tivemos unha obra de teatro relacionada co 25 N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
A través da historia de Jaime, o protagonista da obra, vimos que é importante que, tanto homes como mulleres, reciban o mesmo trato e respecto e que non existen deportes de nenos e deportes de nenas, nin cores de nenos e cores de nenas, nin xoguetes de nenos e xoguetes de nenas... e que se eres unha nena podes xogar ao fútbol e se eres un neno pódeche gustar a patinaxe.
Visita de Anxo Moure
O pasado venres, día 28 de novembro, tivemos a visita de Anxo Moure na Biblioteca a Rumorosa. A raíz dos incencios sufridos este ano nos nosos montes, o Equipo de Convivencia do centro organizou esta actividade para abordar a importancia do coidado da natureza.
Botádelle unha ollada ás fotografías!
Bibliotecas Escolaeres + Deseño = Viaxe á Creatividade
Como vos adiantábamos na entrada anterior, baixo o tema "Bibliotecas Escolaeres + Deseño = Viaxe á Creatividade", o alumnado de Educación Infantil foi o encargado de realizar o cartel para a sección do mes de novembro.
Velaquí as imaxes do obradoiro.
viernes, 21 de noviembre de 2025
Novembro en favor da CIENCIA e en contra da VIOLENCIA DE XÉNERO
martes, 18 de noviembre de 2025
Novos libros para a biblioteca!
Seguindo coa temática do proxecto deste ano, os ANIMAIS, temos 96 libros novos na nosa biblioteca!
34 libros de información e 62 libros de narrativa. Pásate pola biblioteca e bótalle un ollo!
lunes, 20 de octubre de 2025
Lecturas de Samaín
Dende hoxe na biblioteca podes atopar unha exposición de libros sobre bruxas, pantasmas, monstros... clasificados por idade.
Pásate por alí e leva un libro ou conto para ler nestes días terroríficamente divertidos!
lunes, 13 de octubre de 2025
Novos voluntari@s da biblioteca
Como todos os cursos, xa temos os axudantes de biblio traballando durante os recreos. Ademais, a partires de hoxe, contarán co seu cartel identificativo para que todos os nenos e nenas que precisen axuda os poidan localizar facilmente.
Gracias pola colaboración a tod@s os voluntari@s!
miércoles, 1 de octubre de 2025
Arrancamos... NOVAS ESTANTERÍAS e posta en marcha das MOCHILAS VIAXEIRAS!
martes, 30 de septiembre de 2025
lunes, 30 de junio de 2025
Clausura da biblioteca
Chegou a recta final...
Este venres, 13 de xuño, pechamos a biblioteca ata setembro! Na hora de ler realizaremos un pequeno acto de clausura para despedir a biblioteca como se merece... Ademais, haberá unha pequena sorpresa para aqueles nenos e nenas máis lectores/as e para os axudantes voluntarios de 6°EP.
Ata setembro!













































.jpg)
