viernes, 21 de noviembre de 2025

Novembro en favor da CIENCIA e en contra da VIOLENCIA DE XÉNERO

Dende a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude promóvese a celebración de novembro como o Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas. Ademais, como todos sabedes, neste mes tamén temos a conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero. 
Por todo isto, dende a Biblioteca A Rumorosa, montamos unha pequena exposición de libros sobre ambas temáticas co lema: NOVEMBRO EN FAVOR DA CIENCIA E EN CONTRA DA VIOLENCIA.


Unha mención especial ao alumnado de Educación Infantil que, baixo o tema "Bibliotecas Escolaeres + Deseño = Viaxe á Creatividade" das Bibliotecas Escolares deste ano, crearon este cartel para a sección.