domingo, 14 de junio de 2026

BOOKTUBER AULA 4 ANOS

 O alumnado de 5⁰ de EI recoméndanos un montón de contos. Ollade os vídeos e elixide algún deles para ler vós. 








BOOKTUBER 5⁰B

 A rapazada de 5⁰B deixounos unha fantástica recomendación lectora: TODO UN CLÁSICO QUE NUNCA FALLA!!



jueves, 11 de junio de 2026

CLAUSURA BIBLIOTECA

Co curso a piques de rematar temos a clausura da biblio preparada. Haberá agasallos para os alumnos e alumnas máis lectoras e poñeremos o broche final cunha obra de teatro en inglés preparada por Dani (teacher) e alumnos e alumnas do centro. 







Letras Galegas en Polos Creativos

Dende a biblioteca preparamos unha actividade cos robots MATATALAB E BEE BOT. Todo o alumnado tivo a oportunidade de pasar por alí e investigar sobre Begoña Caamaño para superar as preguntas, chegar á meta e abrir o cofre do tesouro. 
















BIBLIOTECA NA NATUREZA

 Coa chegada do bo tempo decidimos sacar cada día durante os recreos un anaquiño da biblio para a zona de campo que temos dentro do noso recinto. Libros, pinturas e papeis, imanix,... están sendo desfrutados no exterior. Ao alumnado parece que lle gusta a idea.