O alumnado de terceiro e cuarto leu os libros "Patio de luces" e "Esta é a miña historia e terás que crela" da escritora Érica Esmorís. A raíz destas lecturas, a semana pasada tiveron unha charla con ela.
miércoles, 29 de abril de 2026
LETRAS GALEGAS 2026
Xa estamos ás portas do mes de maio, o mes das Letras Galegas. Na biblioteca A Rumorosa preparámoslle un recuncho á autora homenaxeada, Begoña Caamaño.
Doazón de libros!!
O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ponteceso fíxonos unha doazón de 8 libros. Moitísimas grazas!!
martes, 28 de abril de 2026
NOVIDADES EN ABRIL
E que mellor forma de despedir o mes de abril, ese no que se celebra o Día do Libro, que cunha chea de novidades!!
jueves, 23 de abril de 2026
DÍA DO LIBRO
Hoxe levamos a cabo unha actividade que xa case podemos dicir que é unha tradición no noso cole: APADRIÑAMENTOS E AMADRIÑAMENTOS LECTORES.
O alumnado maior do centro leulle contos ao alumnado máis miúdo. Mentres isto sucedía o alumnado de sexto tivo a función de ser reporteiros e reporteiras e co material de Polos Creativos inmortalizar o momento con vídeos.
Ademais, tamén puxemos a traballar a cortadora láser que temos en Polos para facer un agasallo para toda a cativada: uns imáns coa imaxe da nosa mascota, Nuba.
Agora queda montar o vídeo con todas as imaxes recollidas. Cando o traballo estea feito subirémolo para que todos o poidades ver.
EXPOSICIÓN ITINERANTE
Durante uns días contamos cunha exposición cedida pola Asociación Visibles. Grazas un ano máis pola colaboración desta asociación co noso centro.
sábado, 18 de abril de 2026
SEMANA DO LIBRO 2026
A partir do luns 20 e ata o martes 28 de abril estaremos de festa celebrando a Semana do Libro. Temos a sorte de que 6 familias do centro se mostraron voluntarias para contar contos na nosa biblioteca.
Seguindo co tema do proxecto de centro deste curso, OS ANIMAIS, todos os contos elixidos están protagonizados polos mesmos.
MOITAS GRACIAS FAMILIAS!! Sen vós isto non sería posible 💜
martes, 14 de abril de 2026
CARTAS PARA O SÁHARA
No mes de xaneiro o alumnado do noso cole escribiu unhas cartas moi especiais. Unhas cartas dirixidas a nenos e nenas que viven en campos de refuxiados do Sáhara.
A asociación Morriña Saharaui fixo unha viaxe solidaria no mes de febreiro e levaron as nosas cartas.
No mes de marzo chegou a sorpresa, xa que dous representantes de dita asociación viñeron polo cole explicarnos o que fixeran durante a súa estancia no Sáhara e ademais trouxeron para cada neno e nena do cole unha carta de resposta.
Tamén tivemos a sorte de ver de cerca traxes típicos do Sáhara e incluso houbo quen os probou.
Esperamos poder volver a colaborar con eles en vindeiras ocasións.




















