jueves, 21 de mayo de 2026

LETRAS GALEGAS: O NOSO PRIMEIRO PROGRAMA DE RADIO

 O Equipo de Normalización da Lingua Galega puxo en marcha unha gran proposta para celebrar a homenaxe a Begoña Caamaño (a escritora á que se lle adican as Letras Galegas neste 2026): GRAVAR O NOSO PRIMEIRO PROGRAMA DE RADIO.

Un grupo de docentes do claustro formamos un PFPP co obxectivo de aprender a facer radio. Cando chegou o mes de maio estabamos preparados para poñer en marcha a ONDA PONDALIÑA, A RADIO DOS PONDALIÑOS. 

Deixámosvos aquí un enlace para que o escoitedes:

https://boxabalar.edu.xunta.gal/index.php/s/i8MBdggenjyXXCz?dir=/&editing=false&openfile=true


miércoles, 6 de mayo de 2026

VÍDEO DÍA DO LIBRO 2026

 O pasado 23 de abril celebramos no cole o Día do Libro coa actividade "MADRIÑAS E PADRIÑOS LECTORES". Mentres se realizaba dita actividade o alumnado de 6º era o encargado de facer vídeos (coas tablets existentes na aula de Polos Creativos) para inmortalizar o momento. 

Aquí vos deixamos un vídeo que montamos con todo o que eles e elas gravaron. Moitas grazas ao alumnado de 6º xa que sen o seu esforzo isto non sería posible. 

 Pinchade no enlace e poderedes ver o bo traballo que fixeron: 

https://drive.google.com/file/d/1GSLiSVUtv7RNDp_aSHItjxZEnQUUtPkS/view?usp=drive_link

 

 

viernes, 1 de mayo de 2026

FAMILIAS CONTACONTOS

 Como xa anunciamos nun Nuba Noticias tivemos a sorte que durante o mes de abril 6 familias se mostraron voluntarias para contar contos na nosa biblioteca. 

Aquí vos deixamos unhas fotiños para o recordo onde se pode ver o que lles gusta ás nosas cativas e cativos que lles conten contos. 

Gracias familias!! Sen vós non houbese sido posible ❤️.














BOOKTUBERS 4ºB LIBROS EN INGLÉS


 

BOOKTUBERS 4ºA LIBROS EN INGLÉS