jueves, 23 de abril de 2026

DÍA DO LIBRO

 Hoxe levamos a cabo unha actividade que xa case podemos dicir que é unha tradición no noso cole: APADRIÑAMENTOS E AMADRIÑAMENTOS LECTORES. 

O alumnado maior do centro leulle contos ao alumnado máis miúdo. Mentres isto sucedía o alumnado de sexto tivo a función de ser reporteiros e reporteiras e co material de Polos Creativos inmortalizar o momento con vídeos.

Ademais, tamén puxemos a traballar a cortadora láser que temos en Polos para facer un agasallo para toda a cativada: uns imáns coa imaxe da nosa mascota, Nuba. 

Agora queda montar o vídeo con todas as imaxes recollidas. Cando o traballo estea feito subirémolo para que todos o poidades ver.