Para este terceiro trimestre, contamos coa mochila viaxeira de BIBLIOTECA INCLUSIVA. Ao igual que as dúas mochilas anteriores, teremos estos libros na biblioteca durante 28 días.
Para este terceiro trimestre, contamos coa mochila viaxeira de BIBLIOTECA INCLUSIVA. Ao igual que as dúas mochilas anteriores, teremos estos libros na biblioteca durante 28 días.
Para conmemorar o Día do Libro, hoxe realizamos, o xa tradicional, apadriñamento lector. Nesta ocasión, o alumnado de 3°, 4° e 5° de Educación Primaria, foi o encargado de realizar as lecturas escollidas ao alumnado máis pequeno do centro.
Botádelle unha ollada ás fotografías!
Ademais, para seguir celebrando este día tan importante, a partires de mañá e ata o próximo día 5 de maio, teremos contacontos durante os recreos. Nesta ocasión, serán os máis pequenos do centro os encargados de levalos a cabo.
Atentos/as ás próximas publicacións!
Hoxe estreamos novo espazo na nosa biblioteca. Nel poderás atopar 4 auriculares nos que escoitar música!
Gracias á colaboración de Sarai, a profe de música, que foi a encargada de seleccionar ás cancións, contamos con dous auriculares con música infantil e dous auriculares con música de actualidade.
Pásate pola biblio e visita o novo espazo! Nel poderás relaxarte escoitando música ou aproveitar os novos sillóns para ler.
O profesorado do centro está levando a cabo unha serie de formacións enmarcadas dentro do Plan de Formación Permanente do Profesorado.
Gracias a estas formacións de Polos Creativos, estamos elaborando material para a biblioteca. Que vos parecen estas novas marionetas?
A outra exposición temporal solicitada polo Equipo de Convivencia á Asociación Visibles é unha pequena biblioteca itinerante titulada "A viaxe con-sentido": unha colección de 50 libros e contos que abordan diversas temáticas relacionadas coa educación afectivo-sexual.
O Equipo de Convivencia do centro solicitou varios empréstitos á Asociación Visibles. Un deles é unha exposición foto-biográfica titulada "Sen elas non hai... olería" e que estará dispoñíbel na nosa biblioteca ata o 4 de abril.
Esta pequena exposición está relacionada coa conmemoración do 8M e dá a coñecer a seis oleiras de Buño, moi importantes pola labor levada a cabo na olería.
Para celebrar a semana do teatro, o Equipo de Biblioteca organizou tres días de teatro na biblio.
Durante os recreos do mércores, xoves e venres da semana pasada, algúns dos alumnos e alumnas de 6ºEP prepararon uns kamishibais que contaron diante de todos os compañeiros e compañeiras que visitaron a biblioteca esos días.
Bótalle un ollo ás imaxes!
Durante a Semana da Prensa (do 10 de marzo ao 14 de marzo) cada aula foi a encargada de elaborar unha páxina da segunda edición do xornal "Se non o leo... non o creo!".
Bótalle un ollo!
A principios de curso solicitáronse tres maletas viaxeiras á Asesoría de Bibliotecas Escolares. O primeiro préstamo chegou o martes 15 de outubro, e puidemos telo durante 28 días.
Esa maleta conta con material moi variado relacionado coa CIENCIA.
E agora... xa temos connosco a segunda maleta viaxeira!
Este trimestre, dispoñemos dunha maleta chea de recursos de Banda Deseñada.
A pasada semana recibimos a visita de exalumnos e exalumnas que xa están no instituto. Viñeron realizar un contacontos para os máis pequenos do cole: Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria.
Ademais diso, tamén nos agasallaron cun exemplar do conto "A que sabe a lúa?".
Quedamos encantados/as!
Este mes temos unha pequena exposición adicada a Rosalía de Castro e a Eduardo Pondal para consultar e ler nas aulas.
Hoxe Nuba chegou cargadiña de novidades! Moitas delas suxerencias que fixeron os nenos e nenas do cole. Bótalle un ollo ó estante!
Durante esta semana invitamos a todo o alumnado a visitar a biblioteca durante os recreos para desfrutar dunha pequena sesión de cine onde coñeceremos varias curtametraxes:
Xa temos dispoñible na biblioteca unha selección de libros relacionados co 25N, Día Internacional contra a violencia de xénero.
Este curso o tema do centro xira arredor das tradicións galegas. Seguindo con esta temática, dende a biblioteca, vaise realizar unha decoración permanente que se prolongará ao longo de todo o curso. Para isto, imos dedicar a decoración de cada ventá a cada unha das tradicións galegas máis relevantes.
Durante este primeiro trimestre xa decoramos as ventás do Samaín, do Magosto e do Nadal. Que che parecen?