miércoles, 30 de abril de 2025

Formación do profesorado


O profesorado do centro está levando a cabo unha serie de formacións enmarcadas dentro do Plan de Formación Permanente do Profesorado.

Gracias a estas formacións de Polos Creativos, estamos elaborando material para a biblioteca. Que vos parecen estas novas marionetas?

 

  




Nova incorporación á biblioteca - MESA LEGO


Hoxe inaugurouse a Mesa Lego na biblioteca e foi todo un éxito!






Exposición temporal - "A VIAXE CON-SENTIDO"


A outra exposición temporal solicitada polo Equipo de Convivencia á Asociación Visibles é unha pequena biblioteca itinerante titulada "A viaxe con-sentido": unha colección de 50 libros e contos que abordan diversas temáticas relacionadas coa educación afectivo-sexual.



Exposición temporal - SEN ELAS NON HAY....OLERÍA!



O Equipo de Convivencia do centro solicitou varios empréstitos á Asociación Visibles. Un deles é unha exposición foto-biográfica titulada "Sen elas non hai... olería" e que estará dispoñíbel na nosa biblioteca ata o 4 de abril.

Esta pequena exposición está relacionada coa conmemoración do 8M e  dá a coñecer a seis oleiras de Buño, moi importantes pola labor levada a cabo na olería.






domingo, 30 de marzo de 2025

Semana do Teatro



Para celebrar a semana do teatro, o Equipo de Biblioteca organizou tres días de teatro na biblio.

Durante os recreos do mércores, xoves e venres da semana pasada, algúns dos alumnos e alumnas de 6ºEP prepararon uns kamishibais que contaron diante de todos os compañeiros e compañeiras que visitaron a biblioteca esos días.

Bótalle un ollo ás imaxes!










A prensa do Pondal - "SE NON O LEO... NON O CREO!"


Durante a Semana da Prensa (do 10 de marzo ao 14 de marzo) cada aula foi a encargada de elaborar unha páxina da segunda edición do xornal "Se non o leo... non o creo!".

Bótalle un ollo!



Maletas Viaxeiras

 

A principios de curso solicitáronse tres maletas viaxeiras á Asesoría de Bibliotecas Escolares. O primeiro préstamo chegou o martes 15 de outubro, e puidemos telo durante 28 días.

Esa maleta conta con material moi variado relacionado coa CIENCIA.




E agora... xa temos connosco a segunda maleta viaxeira! 

Este trimestre, dispoñemos dunha maleta chea de recursos de Banda Deseñada.





Contacontos sorpresa!

 

A pasada semana recibimos a visita de exalumnos e exalumnas que xa están no instituto. Viñeron realizar un contacontos para os máis pequenos do cole: Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria.

Ademais diso, tamén nos agasallaron cun exemplar do conto "A que sabe a lúa?".

 

Quedamos encantados/as!








jueves, 20 de febrero de 2025

Febreiro mes de Rosalía e Eduardo Pondal


Este mes temos unha pequena exposición adicada a Rosalía de Castro e a Eduardo Pondal para consultar e ler nas aulas.


 

sábado, 15 de febrero de 2025

Novidades de febreiro

 

Hoxe Nuba chegou cargadiña de novidades! Moitas delas suxerencias que fixeron os nenos e nenas do cole. Bótalle un ollo ó estante!



jueves, 30 de enero de 2025

Estanterías renovadas!

 

A partires de hoxe todos os nen@s poderán coller, durante a media hora de ler, novos libros das estanterías móbiles.


Día Escolar da Non Violencia e da Paz

 

Xa temos dispoñible na nosa biblioteca unha pequena exposición de libros relacionados coa conmemoración do Dia Escolar da Non Violencia e da Paz que se celebra o próximo 30 de xaneiro.



viernes, 20 de diciembre de 2024

3 de decembro - Día Internacional das Persoas con Discapacidade

 

Durante esta semana invitamos a todo o alumnado a visitar a biblioteca durante os recreos para desfrutar dunha pequena sesión de cine onde coñeceremos varias curtametraxes:

Pica en cada enlace para ver a curtametraxe!





sábado, 30 de noviembre de 2024

25 N

 

Xa temos dispoñible na biblioteca unha selección de libros relacionados co 25N, Día Internacional contra a violencia de xénero.



As tradicións galegas

 

Este curso o tema do centro xira arredor das tradicións galegas. Seguindo con esta temática, dende a biblioteca, vaise realizar unha decoración permanente que se prolongará ao longo de todo o curso. Para isto, imos dedicar a decoración de cada ventá a cada unha das tradicións galegas máis relevantes.

Durante este primeiro trimestre xa decoramos as ventás do Samaín, do Magosto e do Nadal. Que che parecen?

 

 


Novidades do mes de novembro


 

miércoles, 30 de octubre de 2024

Lecturas e Contacontos polo Samaín


Xa temos nos corredores unha selección de libros relacionados co Samaín para poder desfrutar durante a media hora de lectura.

  

Ademais, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega organizou, en colaboración co alumnado de 6ºEP, uns contacontos de Samaín.  Ao longo desta semana, todas as aulas foron pasando, durante a hora de lectura, pola nosa biblioteca.







lunes, 30 de septiembre de 2024

Buzón de suxerencias

 

Dende a Biblioteca A Rumorosa buscamos novas suxerencias! Poñemos a vosa disposición un buzón para que nos rescomendes novos libros (ou novas temáticas) que che gustaría ter na nosa biblioteca. 

Seguro que xa tes algún pensado! Cubre o papel e entrégao no buzón que atoparás na bilio.




Sección de Prensa

 

Na Biblioteca A Rumorosa tamén contamos cunha sección de prensa con xornais e revistas infantís. Ademais, a partires deste curso, tamén contaremos con exemplares diarios de La Voz de Galicia por participar no programa Prensa Escola.



XA ESTAMOS DE VOLTA! Reapertura da Biblioteca curso 2024-2025


Xa estamos de volta!

Hoxe, 1 de outubro, arrancamos de novo coa Biblioteca A Rumorosa. E non podía ser de mellor forma que con un novo look: un mural de Leandro Lamas que viste toda a parede da nosa biblioteca. Recórdavos a algo? Bótalle un ollo á imaxe.

Ademais de abrir as portas da biblio para desfrutar dela nos recreos e despois do comedor, poder consultar e levar libros..., tamén comezamos coas mochilas viaxeiras!