miércoles, 29 de abril de 2026

LETRAS GALEGAS 2026

 Xa estamos ás portas do mes de maio, o mes das Letras Galegas. Na biblioteca A Rumorosa preparámoslle un recuncho á autora homenaxeada, Begoña Caamaño.





Doazón de libros!!

 O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ponteceso fíxonos unha doazón de 8 libros. Moitísimas grazas!!



martes, 28 de abril de 2026

NOVIDADES EN ABRIL

 E que mellor forma de despedir o mes de abril, ese no que se celebra o Día do Libro, que cunha chea de novidades!!





jueves, 23 de abril de 2026

DÍA DO LIBRO

 Hoxe levamos a cabo unha actividade que xa case podemos dicir que é unha tradición no noso cole: APADRIÑAMENTOS E AMADRIÑAMENTOS LECTORES. 

O alumnado maior do centro leulle contos ao alumnado máis miúdo. Mentres isto sucedía o alumnado de sexto tivo a función de ser reporteiros e reporteiras e co material de Polos Creativos inmortalizar o momento con vídeos.

Ademais, tamén puxemos a traballar a cortadora láser que temos en Polos para facer un agasallo para toda a cativada: uns imáns coa imaxe da nosa mascota, Nuba. 

Agora queda montar o vídeo con todas as imaxes recollidas. Cando o traballo estea feito subirémolo para que todos o poidades ver. 








EXPOSICIÓN ITINERANTE

 Durante uns días contamos cunha exposición cedida pola Asociación Visibles. Grazas un ano máis pola colaboración desta asociación co noso centro. 




sábado, 18 de abril de 2026

SEMANA DO LIBRO 2026

 A partir do luns 20 e ata o martes 28 de abril estaremos de festa celebrando a Semana do Libro. Temos a sorte de que 6 familias do centro se mostraron voluntarias para contar contos na nosa biblioteca.

Seguindo co tema do proxecto de centro deste curso, OS ANIMAIS, todos os contos elixidos están protagonizados polos mesmos.

MOITAS GRACIAS FAMILIAS!! Sen vós isto non sería posible 💜



martes, 14 de abril de 2026

CARTAS PARA O SÁHARA

 No mes de xaneiro o alumnado do noso cole escribiu unhas cartas moi especiais. Unhas cartas dirixidas a nenos e nenas que viven en campos de refuxiados do Sáhara. 

A asociación Morriña Saharaui fixo unha viaxe solidaria no mes de febreiro e levaron as nosas cartas.

No mes de marzo chegou a sorpresa, xa que dous representantes de dita asociación viñeron polo cole explicarnos o que fixeran durante a súa estancia no Sáhara e ademais trouxeron para cada neno e nena do cole unha carta de resposta. 

Tamén tivemos a sorte de ver de cerca traxes típicos do Sáhara e incluso houbo quen os probou. 

Esperamos poder volver a colaborar con eles en vindeiras ocasións. 








jueves, 26 de marzo de 2026

CONCERTO PACO NOGUEIRAS

 Para pechar a 2ª AVALIACIÓN e darlle os últimos toques ao Proxecto do Centro deste curso: "OS ANIMAIS", tivemos a Paco Nogueiras en concerto co seu espectáculo SON ANIMAL.  Ademais, Paco firmounos o exemplar do seu libro disco que temos na biblioteca.

Aquí vos deixamos fotos e vídeos que mostran o ben que o pasamos. 





























DÍA DA MULLER E SEMANA DA PRENSA 2026

O Equipo de Convivencia e o Equipo de Biblioteca xuntáronse para conmemorar dúas datas importantes. A idea final foi crear unha revista coa colaboración de todas as titorías chamada Pondal Geographic. Esta revista continúa co Proxecto de Centro: "OS ANIMAIS". Nesta ocasión o alumnado tivo que investigar diferentes mulleres importantes na historia pola súa labor na protección e conservación de diversos animais. 
 
A revista en papel está á disposición de quen desexe lela no estante de PRODUCIÓNS PROPIAS que temos na nosa biblioteca.  
 
Dálle ao PLAY e desfruta do traballo realizado entre todos e todas.  
 
 
 

 

BOOKTUBER - Bella 4ºB

 


BOOKTUBER - Dylan 4°B


 

jueves, 12 de marzo de 2026

martes, 10 de marzo de 2026

O PRIMEIRO BOOKTUBER

Chega o primeiro Booktuber da man dos nenos e nenas de 3 anos. 

Bótalle un ollo e descubre todos os contos que viron sobre o mar!

E ti, anímaste a ser un booktuber?

Escolle un libro que leras e che guste, fai un vídeo recomendando ese libro (recorda non facer spoilers) e colgarémolo aquí, no blog da biblioteca.

 


miércoles, 25 de febrero de 2026

BUSCANDO BOOKTUBERS

 Coa intención de fomentar a lectura poñemos en marcha unha nova iniciativa. Buscamos nenas e nenos que queiran ser booktubers e recomendar as lecturas que máis lle gusten aos seus compañeiros e compañeiras. 

Subiremos os vídeos ao noso blog! Estade moi atentos e atentas!



jueves, 19 de febrero de 2026

CARTELERÍA BIBLIOTECA

 O equipo de mestres que nos encargamos da xestión e organización da biblioteca seguimos a fedellar coas máquinas que temos na Aula de Polos Creativos. Nesta ocasión elaboramos en madeira carteis para as diferentes seccións da biblio. 

Así nos quedaron...












DÍA DA LINGUA MATERNA

Hoxe alumnado e profesorado do IES Eduardo Pondal achegouse ata o noso cole para contarnos o conto "A CASA DA MOSCA CHOSCA" e celebrar así o Día da Lingua Materna. Viñeron da man da Fundación Eduardo Pondal e foi un verdadeiro pracer escoitalos contar o conto e incluso cantalo. 

Ademais, deixáronnos de agasallo un conto para a nosa biblio xunto cuns marcapáxinas e unhas pegatinas realizadas polo alumnado do IES. 

Encantounos a actuación e desexamos que volvan pronto.








lunes, 26 de enero de 2026

ASOCIACIÓN CEIDA

Durante este mes de xaneiro tivemos na nosa biblioteca un fondo de libros emprestados polo Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga. Ditos libros serven como apoio ao noso proxecto de centro deste curso: OS ANIMAIS. 




NOVIDADES XANEIRO

 Comezamos o 2026 con novidades para os nosos lectores máis pequenos.