Xa temos dispoñible na biblioteca unha selección de libros relacionados co 25N, Día Internacional contra a violencia de xénero.
Xa temos dispoñible na biblioteca unha selección de libros relacionados co 25N, Día Internacional contra a violencia de xénero.
Este curso o tema do centro xira arredor das tradicións galegas. Seguindo con esta temática, dende a biblioteca, vaise realizar unha decoración permanente que se prolongará ao longo de todo o curso. Para isto, imos dedicar a decoración de cada ventá a cada unha das tradicións galegas máis relevantes.
Durante este primeiro trimestre xa decoramos as ventás do Samaín, do Magosto e do Nadal. Que che parecen?
Xa temos nos corredores unha selección de libros relacionados co Samaín para poder desfrutar durante a media hora de lectura.
Dende a Biblioteca A Rumorosa buscamos novas suxerencias! Poñemos a vosa disposición un buzón para que nos rescomendes novos libros (ou novas temáticas) que che gustaría ter na nosa biblioteca.
Seguro que xa tes algún pensado! Cubre o papel e entrégao no buzón que atoparás na bilio.
Xa estamos de volta!
Hoxe, 1 de outubro, arrancamos de novo coa Biblioteca A Rumorosa. E non podía ser de mellor forma que con un novo look: un mural de Leandro Lamas que viste toda a parede da nosa biblioteca. Recórdavos a algo? Bótalle un ollo á imaxe.
Ademais de abrir as portas da biblio para desfrutar dela nos recreos e despois do comedor, poder consultar e levar libros..., tamén comezamos coas mochilas viaxeiras!
Tanto o Equipo de Biblioteca como o Equipo de Dinamización da Lingua Galega non nos queriamos despedir sen antes deixarvos unhas recomendacións lectoras para o verán.
Botádelle unha ollada!
Co remate do curso pechamos a nosa biblioteca ata setembro. Para iso, realizamos un acto de clausura onde agasallamos ás aulas máis lectoras e ao alumnado máis lector.
Dende o Equipo de Biblioteca queremos agradecer a todo o alumnado e profesorado a gran acollida que tivo a nova Biblioteca A Rumorosa.
Bo verán! Vémonos á volta!
Para conmemorar o Día do Libro levamos a cabo unha actividade lectora ao aire libre onde, cada neno/a de Educación Infantil e primeiro ciclo de primaria, tiña un padriño ou madriña lectora.
Botádelle un ollo ás imaxes!
Para conmemorar a Semana do Libro (do 22 ao 26 de abril) organizáronse uns contacontos que se levarán a cabo durante os recreos desta semana.
Todo listo!
Ao longo destos días, todo o alumnado pasará pola biblioteca A Rumorosa para converterse en investigadores e investigadoras a través dun xogo de pistas que lles axudará a coñecer un pouco máis o seu funcionamento.
Comezamos coa formación de usuarios!
Aquí temos o xornal creado por todas as aulas do centro: Se non o leo, non o creo!
Pola semana da prensa cada aula elaborou unha páxina deste xornal tan curioso e divertido.
Botádelle unha ollada! Pincha no enlace inferior e pasa as páxinas.
Pica neste enlace para ver o xornal
Dende a Biblioteca A Rumorosa queremos facerlle chegar o noso agradecemento á asesora de Bibliotecas Escolares por acompañarnos o día da inauguración e tamén polo detalle que tivo con nós ao agasallarnos con estes tres libros.
Pouco a pouco imos enchendo os nosos andeis!Dende a biblio poñemos en marcha as MOCHILAS VIAXEIRAS! Cada clase dispoñerá dunha mochila chea de libros que irá percorrendo cada unha das casas do alumnado. Estas mochilas serán entregadas os mércores e deberán devolverse o martes seguinte. Ademais dos 4 libros, dentro da mochila tamén hai un caderno no que poderedes escribir o libro que mais vos gustou, debuxar algo sobre un dos libros, pegar unha foto dunha receita que levarades a cabo, deixar algunha proposta ou recomendación...
Dende o equipo de biblio esperamos que desfrutedes moito delas!
Hoxe recibimos un agasallo da Fundación Eduardo Pondal: unha reedición do libro "Gundar e o cabalo de oito patas" de Xelucho Abella Chouciño, antigo profesor de filosofía do IES de Ponteceso.
Esta obra de literatura xuvenil foi editada por primeira vez no 1991. Está ambientada na Idade Media e na xeografía malpicá (lugar de nacemento do seu autor).
Se queredes mais información podedes consultar o artigo que se atopa a continuación.