jueves, 19 de febrero de 2026

CARTELERÍA BIBLIOTECA

 O equipo de mestres que nos encargamos da xestión e organización da biblioteca seguimos a fedellar coas máquinas que temos na Aula de Polos Creativos. Nesta ocasión elaboramos en madeira carteis para as diferentes seccións da biblio. 

Así nos quedaron...












DÍA DA LINGUA MATERNA

Hoxe alumnado e profesorado do IES Eduardo Pondal achegouse ata o noso cole para contarnos o conto "A CASA DA MOSCA CHOSCA" e celebrar así o Día da Lingua Materna. Viñeron da man da Fundación Eduardo Pondal e foi un verdadeiro pracer escoitalos contar o conto e incluso cantalo. 

Ademais, deixáronnos de agasallo un conto para a nosa biblio xunto cuns marcapáxinas e unhas pegatinas realizadas polo alumnado do IES. 

Encantounos a actuación e desexamos que volvan pronto.








lunes, 26 de enero de 2026

ASOCIACIÓN CEIDA

Durante este mes de xaneiro tivemos na nosa biblioteca un fondo de libros emprestados polo Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga. Ditos libros serven como apoio ao noso proxecto de centro deste curso: OS ANIMAIS. 




NOVIDADES XANEIRO

 Comezamos o 2026 con novidades para os nosos lectores máis pequenos.




miércoles, 24 de diciembre de 2025

OBRA DE TEATRO "NADAL EN PRÁCTICAS"

 
 
 
Para despedir a 1ª avaliación e darlle a benvida ás vacacións 
asistimos a unha obra de teatro a cargo de 
Noelia Porto de Lalá Teatro. 
Rematamos a actuación obtendo todos o 
CERTIFICADO OFICIAL DE AXUDANTE DE ELFO
 
 
  
 
 

 
 
 
 









 

 

jueves, 18 de diciembre de 2025

PROXECCIÓN PELÍCULA "VALENTINA"

Este xoves tivemos sesión de cine na biblioteca. O Equipo de Dinamización da Lingua Galega seleccionou unha marabillosa película chamada VALENTINA. Esta película é en galego e producida en Galicia, e proxectámola co obxectivo de poñer en valor o noso audiovisual. A súa protagonista ensinounos como afrontar a perda dun familiar, ademais de ensinarnos a aceptarnos a nós mesmos e a loitar polos nosos soños. 


        

    

   

 




 

miércoles, 17 de diciembre de 2025

Contacontos en inglés

Esta semana tivemos dous recreos con contacontos en inglés. Dani, o profe de inglés, e mais o alumnado de 4°A prepararon os seguintes contos:









miércoles, 3 de diciembre de 2025

Día Internacional das Persoas con Discapacidade

Hoxe, 3 de decembro, conmemórase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Por iso, hoxe tivemos unha invitada especial: á mamá de Daniela, quen nos veu contar un conto sobre o Síndrome de Rett.

Como vedes nas imaxes, este tema xerou moitísima curiosidade, a que derivou nunha chea de preguntas!






lunes, 1 de diciembre de 2025

Teatro polo 25 N

 

Hoxe tivemos unha obra de teatro relacionada co 25 N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

A través da historia de Jaime, o protagonista da obra, vimos que é importante que, tanto homes como mulleres, reciban o mesmo trato e respecto e que non existen deportes de nenos e deportes de nenas, nin cores de nenos e cores de nenas, nin xoguetes de nenos e xoguetes de nenas... e que se eres unha nena podes xogar ao fútbol e se eres un neno pódeche gustar a patinaxe.







Visita de Anxo Moure

 

O pasado venres, día 28 de novembro, tivemos a visita de Anxo Moure na Biblioteca a Rumorosa. A raíz dos incencios sufridos este ano nos nosos montes, o Equipo de Convivencia do centro organizou esta actividade para abordar a importancia do coidado da natureza.

Botádelle unha ollada ás fotografías!




 






Bibliotecas Escolaeres + Deseño = Viaxe á Creatividade


Como vos adiantábamos na entrada anterior, baixo o tema "Bibliotecas Escolaeres + Deseño = Viaxe á Creatividade", o alumnado de Educación Infantil foi o encargado de realizar o cartel para a sección do mes de novembro. 

Velaquí as imaxes do obradoiro.

 

 

 


viernes, 21 de noviembre de 2025

Novembro en favor da CIENCIA e en contra da VIOLENCIA DE XÉNERO

Dende a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude promóvese a celebración de novembro como o Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas. Ademais, como todos sabedes, neste mes tamén temos a conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero. 
Por todo isto, dende a Biblioteca A Rumorosa, montamos unha pequena exposición de libros sobre ambas temáticas co lema: NOVEMBRO EN FAVOR DA CIENCIA E EN CONTRA DA VIOLENCIA.


Unha mención especial ao alumnado de Educación Infantil que, baixo o tema "Bibliotecas Escolaeres + Deseño = Viaxe á Creatividade" das Bibliotecas Escolares deste ano, crearon este cartel para a sección.

martes, 18 de noviembre de 2025

Novos libros para a biblioteca!

Seguindo coa temática do proxecto deste ano, os ANIMAIS, temos 96 libros novos na nosa biblioteca! 

34 libros de información e 62 libros de narrativa. Pásate pola biblioteca e bótalle un ollo!